Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasOs orzamentos de Carballeda de Avia i...

Os orzamentos de Carballeda de Avia impulsarán proxectos de emprendedores

A asistencia a maiores, actividades para nenos e os desempregados mozos centran os investimentos

O pleno de Carballeda de Avia aprobou os orzamentos para o 2016, cos votos a favor do goberno socialista e a abstención do PP. Ascenden a 933.000 euros, que se traducirán en aproximadamente un millón unha vez que se confirmen as subvencións oficiais.

O alcalde, Luís Milia, destaca tres alicerces fundamentais no orzamento, que teñen que ver co gasto dirixido á xente maior, aos nenos e á procura de emprego para os mozos, iso sen subir os impostos nos últimos 15 anos e "procurando mellorar vos servizos grazas ao aforro en persoal, aforro enerxético e tamén a que vos edificios e estradas xa están feitas e agora só e necesario ou seu mantemento", sinala o rexedor.

Como novidade introdúcese unha partida de 95.000 euros para o fomento de proxectos de emprendedores, potenciando recursos naturais como a posta en valor dos montes, mediante repoboación, produción de resina ou queixos de cabra. Para iso o Concello analiza a viabilidade de diversos proxectos co Inorde e a Xunta.

O gasto social é o máis importante e foise incrementando desde o 2007, cando era de 85.000 euros, ata os 270.000 actuais, dedicados a asistencia a domicilio, centro de día e outras actividades, que axudan a que "a xente siga nas súas casas e que en dous anos non baixara ou padrón", indica Milia.

Tamén resalta o rexedor as actividades que se organizan para os nenos, destinando 28.000 euros a almorzos saudables, ludotecas, traslado a piscinas, entre outras moitas. En persoal o gasto é de 225.000 euros e en enerxía pasouse de 200.000, en 2007, a 67.000 euros, mentres o ingreso por impostos directos só representa o 27% do orzamento.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.