Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasMELLORA NA REDE DE ALUMEADO PÚBLICO D...

MELLORA NA REDE DE ALUMEADO PÚBLICO DE VILAR DE CONDES

Remataron xa as obras de mellora de alumeado público de Vilar de Condes. Esta obra era unha asignatura pendente dende fai tempo polo mal estado do cableado e da instalación en xeral. Fai tempo que o concello buscaba a financiación necesaria para acometer este proxecto pero non foi posible ata agora.
Con esta mellora valorada en algo máis de 60.000 euros renovaronse 3000 metros de cable en mal estado (casi a totalidade), instalaronse 88 luminarias novas coa última tecnoloxía led, novas tomas de terra, caixas de térmicos, etc.
Ademáis este novo cadro de alumeado dispon de un sistema de protección e autoarranque en caso de tormenta que evita averías nas luminarias e que automáticamente reconecta o alumeado en caso de corte de corrente.
Con esta obra o alumeado de Vilar de Condes ten a tecnoloxía máis avanzada e eficiente que existe actualmente no mercado e prevese un aforro de máis do 40%, mellorando ademáis a cantidade de iluminación, polo que os veciños notarán moita máis luz.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.