Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasINICIO DAS OBRAS DE MELLORA DO VIAL D...

INICIO DAS OBRAS DE MELLORA DO VIAL DE ACCESO A CARBALLEDA DE AVIA
Clic para ampliar

A Deputación provincial iniciou nestes días as obras de acondicionamento da estrada de Carballeda de Avia. Este ano acometerá dúas fases do proxecto por importe de 250.000 euros, centrándose no tramo de tres quilómetros que enlaza o Eixo do Ribeiro, en San Cristovo (Ribadavia), con Carballeda de Avia, que é o máis deteriorado e deixando pendentes outros tres quilómetros e medio ata Pena Corneira, para o 2016.

O concello hai anos que vén reivindicando estas obras debido ao perigoso que é este tramo, fundamentalmente durante o inverno. Os afloramentos de auga en plena calzada e a ausencia dunha canalización axeitada das pluviais xeran unha difícil situación para os vehículos cando se forman placas de xeo. Por esa razón, o alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, apunta que se viñan producindo unha media anual de seis ou sete saídas de vía, aínda que non houbo vítimas e só se produciron danos materiais. No que vai de ano, xa aconteceron dous. Ao mesmo tempo que se iniciaron as obras, o Concello tamén negocia con aproximadamente 30 propietarios de pequenas terreos para que cedan terreo naqueles tramos onde se fai necesario o ensanche da calzada, sobre todo nas curvas máis pechadas e perigosas para a circulación.


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.