Portada Enviar consulta Idioma galego Idioma castellano Enviar e-mail a info@carballedadeavia.es

InicioActualidadeNovasCarballeda reclama que se repare o se...

Carballeda reclama que se repare o seu principal acceso
Clic para ampliar

A Corporación de Carballeda de Avia aprobou por unanimidade dirixirse á Deputación provincial para solicitar o acondicionamento do seu principal acceso, que parte da localidade de San Cristovo (Ribadavia) e atravesa o municipio para enlazar cos concellos de Avión e Beariz. O principal problema que ten esta estrada está en que non ten cunetas e a auga inunda varios tramos da calzada, ademais de existir algún manancial sen canalizar, o que está a xerar unha situación de gran perigo para a circulación de vehículos cando descenden as temperaturas e esa auga se converte en xeo.
O alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, declarou que se produce unha medida entre sete ou oito accidentes ao ano por saída de vía a causa do xeo, "precisamente este pasado venres unha veciña foi a primeira do ano en ir parar a un terraplén, menos mal que a maleza amortigou ou golpe, pero calquer día imos ter un bo desgusto", advirte o rexedor.

NOTICIA LA REGION


Webmail asociados
Usuario:
© carballedadeavia.es 2017 :: Rua Castelao nº 4 · 32412 · Carballeda de Avia · Ourense
WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l.